En Adiante Solucións ofrecemos solucións integrais para empresas e entidades públicas en todos os ámbitos relacionados coa contratación pública, adaptación normativa e formación especializada.
O noso obxectivo é facilitar unha xestión eficiente e segura dos procesos administrativos e legais, mellorando a competitividade e a eficacia.
Somos expertos en prestar apoio e asesoramento ás entidades públicas nos procesos de contratación pública.
Con máis de 10 anos de experiencia no ámbito da contratación pública, a nosa especialización e coñecemento avalan os servizos que prestamos, procurando sempre a satisfacción total dos nosos clientes.
Contamos cun amplo equipo de profesionais e cunha rede de colaboradores que nos permite abordar moitas das necesidades dos nosos clientes, xa que estamos en permanente aprendizaxe e busca de novos retos.
Consultoría en contratación pública
- Análise e interpretación de pregos e documentación técnica.
- Asistencia en procesos de licitación
- Asesoramento en materia de contratación pública durante toda a tramitación, tanto en cuestións previas como posteriores as proceso de contratación.
- Redacción de todo tipo de documentación para a licitación pública (pregos de condicións, estudos económicos, memorias…).
- Apoio na xestión e execución de contratos públicos.
- Auditoría de cumprimento da execución de contratos públicos.
Formación en contratación pública
Formación en licitacións: Preparación de ofertas competitivas, interpretación de pregos, xustificación de ofertas e presentación de documentación adecuada.
Xestión administrativa de licitacións
Ofrecemos soporte integral na preparación e presentación de toda a documentación administrativa necesaria para participar en licitacións públicas. Encargámonos de garantir que os documentos cumpran cos prazos e requisitos legais establecidos nos pregos de condicións.
Memorias técnicas
Especializámonos na redacción de memorias e informes técnicos axustados ás esixencias dos pregos de condicións e ás especificacións técnicas dos proxectos. As nosas memorias aseguran a claridade e precisión necesarias para destacar en procesos de licitación pública.